Apoio á Palavra Encarnada, a nosa Poesía Salvaxe Ferrol 2023

IMG-20230425-WA0024(1).jpg 

 

Cartaz_okey_para_redes_salvaxe_2023.jpg

 

(Autor do cartaz, FER PATIÑO)

-A falta de colaboración do Concello obriga á despedida da Semana de Poesía Salvaxe-A Palabra Encarnada logo de 15 anos izando Ferrol de palabras e música.

(Só un cambio radical con respecto á cultura a pé de obra, a pé de día, e en especial con relación á POESÍA SALVAXE, ao evento poético, por parte do Poder Local, sexa este de a cor que sexa, fará desta cita un acontecemento anual, sen mais quebrantos, un acontecemento consolidado, que de feito xa é)

Non fai falla proclamar que a Poesía está mais viva que nunca, é o antídoto mais eficaz contra o establecido.
Ela fai posibel habitar este Mundo que nos expropian cada día.
¡Medre a poesía!

-Aínda así o evento poético pide apoio para celebrar a derradeira cita os días 27, 28 e 29 de avril

Non puido ser. Cando se cumpren quince luminosos anos da celebración en prazas, rúas e locais de Ferrol da Semana de Poesía Salvaxe (A Palabra Encarnada) toca baixar telón. Esta cita naceu en 2008 conducida por Guillermo Ferrández e Juan C. Valle“Karloti”  baixo o impulso da Concellería de Cultura que entón dirixía Yolanda Díaz. Pero o actual equipo de goberno do Concello de Ferrol, co alcalde Ángel Mato e o concelleiro de Cultura á cabeza, amosando un cru desprezo nin contestou ás peticións e solicitudes que se lles fixo desde a organización do ciclo poético para colaborar (ou non) nesta cita que ocupaba o espazo literário do que a cidade carece. (Incluso hai unha proposta de creación dun PREMIO DE POESÍA “RICARDO CARVALHO CALERO” co mesmo nulo resultado. 

Un novo éxito cultural do actual equipo de goberno.

Non entanto, a organización fará con paixón e determinación un último esforzo de despedida para converter o mes de abril na cita coa Palabra Encarnada e amosar outra faciana dunha cidade caleidoscópica. Así, aínda que non podemos recibir aos poetas que se ofreceron a participar sen cobrar, os días 27, 28 e 29 de abril será realidade o encontro poético grazas  á colaboración de momento da AVV de Canido, Cento civico de Canido, a Fundaçom Artabria e o Ateneo Ferrolán, A.C. FUCO BUXÁN

COLECTIVO LITERARIO MORAIMA, 

Asociación Sociocultural Muíño do Vento ,   

RADIO FENE

IVOGRAFICAS

EDICIONS EMBORA

Agencia de Diseño y Desarrollo

CAMPUS DE FERROL- ESTEIRO UDC

Temos un apoio sempre da hosteleria como o do Café Dover, Restaurante A Vaca, Cerveceria Papillón, Cuerda Floja, O Cabazo, O Xustiño...

Facemos unha afervoada petición de apoio económico e anímico, recollendo sinaturas e abandonándonos, nesta derradeira cita, á xenerosidade popular. Os cartos destinaranse a pagar hotel, viaxe e os gastos que xurdan. Faremos realidade este XV encontro ca poesía como arma de construción masiva.

Iremos completando o programa e informando dos e das poetas que nos visitarán este ano.

Aquí achegamos o IBAN da A.C. LENDO POESÍA:

ES98 2080 0200 4130 4012 6251

Podedes facer unha transferencia, ou usar Bizum 

Teléfono 687638272 (A Palabra Encarnada)

Lembrade que as sinaturas en apoio e as doazóns son o mesmo de importantes .                                   

Moitisimas grazas e

¡LA NAVE VA!  Viva o avril da palabra encarnada!

Ferrol, Avril do ano 2023

mauleon_cartel_2022.jpg

Lxs poetas emblemáticos desde el primer momento, en Ferrol: 
CARLOS OROZA, TOMAS SEGOVIA, NUNO JUDICE, 
 Paco Ibañez, Luis Pastor....
MARIA LADO
LUCIA ALDAO
VICTOR M. DIEZ
DAVID GONZALEZ
CAMILO FRANCO
O LEO
ESTEVO CREUS
OLGA NOVO
MARIA DO CEBREIRO
MANOLO CORTÉS
DEVORAH VUKUSIC
CARLOS SANTIAGO
MARCOS LORENZO 
LEIRE BILBAO
EUGENIA SANMARTIN
ALBA GONZALEZ
ANTONIO GOMEZ
PURA SALCEDA
XIANA ARIAS
DORES TEMBRAS
ANTONIO ORIHUELA
ANA CIBEIRA
SECHU SENDE
ESTIBALIZ ESPINOSA
JUDITE CANHA FERNANDES
CARLOS D´ABREU
MANOLO BACALHAO
ROGER DE FLOR
FENANDO NAVEIRAS
HELGA MENDEZ
MARCOS LORENZO
ENMA COUCEIRO
AL SUIN
TIAGO GOMES
ADA SALAS
MARIA COUCEIRO
PACO PESTANA
DAVID TRASHUMANTE
OLAIA PAZOS
EVA VEIGA
SILVIA PENA
XOSÉ MARIA ALVAREZ CACCAMO
Golpes Bajos, un espectáculo musical que correrá a cargo del líder de la formación viguesa GERMAN COPINI y de los músicos de Comando Delta.
OLAIA COCINHA
CHEFA ALONSO
JAVIER SEMPRUN
ALFREDO VIDAL
TOMAS SALVADOR
VANESA VIDAL
GUNTHER HEINZ
EL COLECTIVO ALGA
ANA GORRIA
FELIPE ZAPICO
EVA VEIGA

los_dos_carteles.jpg

MARTES_sem_rede1.jpg
todos_los_amigos_aquel_año_salvaxe_de_poesía.jpg

nuno_e_rivas_(2).jpg

LUIS_PASTOR_Paloma_picasso_JOFRE.jpg

 

 

POEXIA_SALVAXE_luba_corregido_ivo.jpg

aqueles días, os da PRIMEIRA SEMANA DE POESÍA SALVAXE, tremor e temor, emoción e unha fe cega en facer realidade un proxecto nado das entrañas, nos bares e nas esquinas, e que tería a seu hábitat, nas rúas, prazas e bares da cidade, e todo co propósito de sacar e orear nos tendais do aire a PALAVRA ENCARNADA.

E así foi

Choveu coma se as nubes no canto das ovelhas

fosen nubes. tardes ventosas

que nos levantaban en albas

e rasantes desdobrábamos as esquina

se os e as poetas invitadas

ían chegando

bardos antigos 

corazóns vermellos
e tan novos como a nostalxia do futuro

mirando os guindastres en extinción

aves de aceiro

escarabellando e picoteando

nas escombreiras da historia

raparigas manchadas polas rimas

da luz coa rabia

E aconteceu e tivemos a certeza de que os Mercados e as Prazas

eran hortas fértiles para as voces do silencio.

 

CARTEL_PACO_IBAÑEZ_IMPRENTA_pequeño.jpg

cartel_poesia_salvaxe_para_web.jpg

olga_novo_poesia_salvaxe.JPG

poesiasalvaxe_aldao_y_lado.jpg

guillermo_alfredo_victor_elicio_mua_estevo.jpg

portada_suso.jpg

prpza_suso_xustiño_parisSalvaxereganosajun11_193.JPG


semana de poesía salvaxe    Contactar con el autor de la petición

Firmar esta petición

Al firmar, autorizo a semana de poesía salvaxe a entregar la información que proporciono en este formulario a quienes tengan poder sobre este tema.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.







Publicidad de pago

Haremos difusión de esta petición a 3000 personas.

Más información...