Apoia a XVI POESÍA SALVAXE- A Palavra Encarnada 2024

Queridas amigas e amigos, a poesía atravesa día a día as catro estacións cara ao noso abril vermelho, e detense incluso en todos os apeadoiros que pespuntean o vivir, o oficio por antonomasia. Coa poesía nos dentes, tomaremos de novo as rúas e prazas de Ferrol, os mercados e os lugares nos cales a palabra pasta nos campos vizosos do silencio, o ruído enxordecedor da multiplicación dos pans e os peixes, sucedáneos de peixes e pans, as leiras cultivadas polas tarefas cotiás, onde a vida reprodúcese cada día sen descanso e a palabra, ferida ás veces, ás veces morta, amable ou terrible, tatexa ou balburcia, descoñecida, silencio e grito, aí é onde os poemas nútrense e onde dalgún modo, móstranse útiles na súa luminosa inutilidade. 

A fascinante utilidade do inútil. 

Esta cita estará dedicada á memoria de FERNANDO NAVEIRAS, noso prezado amigo “FEFI". E neste 50 aniversario da REVOLUCIÓN dos CARAVEIS, fáisenos inaprazable expresar a nosa solidariedade co pobo palestino, contra e xenocidio que o estado de Israel leva a cabo no territorio ocupado de Gaza.

Baixo o ceo e a terra da POESÍA, a poesía que fai posible habitar o Tempo que nos toca vivir, faremos realidade a resistencia e a risa, crearemos un lugar liberado no mesmo corazón desta Primavera Apelando á vosa solidariedade fraternal, agradecemos o apoio, todo apoio, para poder facer posible este encontro, para poder sufragar unha parte dos gastos que supón a viaxe e a estancia das e os poetas convidadas nesta ocasión. Sempre tendo en conta o mais xeneroso e digno trato aos nosos convidados e convidadas. Parte esta cuberto polo Concellería de Cultura da nosa cidade.Pero o noso desexo sería acadar tres mil euros máis para organizalo todo segundo a nosa idea prevista.

A desagregación dos gastos farase pública.Contamos co apoio de varias asociacións culturais, afoutas e xenerosas, como AC Fuco Buxán, Fundaçom Artábria, Ateneo Ferrolán, Centro Cívico de Canido, Radio Fene... así como dalgúns bares de Ferrol: Manchita Cosa, Café Dover, Taberna O´Xustiño, Cervecería Papillón, Cuerda Floja...Faremos publica todos os apoios que recibamos

O cartaz deste ano é obra do recoñecido artista Leandro Lamas, ao cal moito lle agradecemos a súa inspirada e xenerosa colaboracion.

 

poesia_salvaxe_cartaz_leandro_lamas_para_web_ulrima.jpg

 

Aquí achegamos o IBAN da A.C. LENDO POESÍA:

ES98 2080 0200 4130 4012 6251

Podedes facer unha transferencia, ou usar Bizum 

Teléfono 687638272 (A Palabra Encarnada)

Lembrade que as sinaturas en apoio e as doazóns son o mesmo de importantes .                                   

Moitisimas grazas e

¡LA NAVE VA!  Viva o avril da palabra encarnada!

Ferrol, Avril do ano 2024

 

"Un poeta é, podería dicirse, un home que entre as cousas, os homes, a súa historia e a súa lingua, intúe relacións distintas das que os demais adoitan ler respecto diso; relacións, podería dicirse, de sentimento e fantasía, que expresa de tal modo que induce aos demais a comprender a súa beleza, é dicir, a súa verdade."

 

Programa_XVI_2024.jpg

 

los_cinco_logos.jpg

leandro_lamas_2_con_lemas.jpg

 Cartaz a partir dunha obra de LEANDRO LAMAS 

 

                                                   

 

fefi_pintura_con_letras.jpg

                                           Pintura De FERNANDO NAVEIRAS "FEFI"

fer_patiño_cartel.jpg

mauleon_cartel_2022.jpg

Lxs poetas emblemáticos desde el primer momento, en Ferrol: 
CARLOS OROZA, TOMAS SEGOVIA, NUNO JUDICE, 
 Paco Ibañez, Luis Pastor....
MARIA LADO
LUCIA ALDAO
VICTOR M. DIEZ
DAVID GONZALEZ
CAMILO FRANCO
O LEO
ESTEVO CREUS
OLGA NOVO
MARIA DO CEBREIRO
MANOLO CORTÉS
DEVORAH VUKUSIC
CARLOS SANTIAGO
MARCOS LORENZO 
LEIRE BILBAO
EUGENIA SANMARTIN
ALBA GONZALEZ
ANTONIO GOMEZ
PURA SALCEDA
XIANA ARIAS
DORES TEMBRAS
ANTONIO ORIHUELA
ANA CIBEIRA
SECHU SENDE
ESTIBALIZ ESPINOSA
JUDITE CANHA FERNANDES
CARLOS D´ABREU
MANOLO BACALHAO
ROGER DE FLOR
FENANDO NAVEIRAS
HELGA MENDEZ
MARCOS LORENZO
ENMA COUCEIRO
AL SUIN
TIAGO GOMES
ADA SALAS
MARIA COUCEIRO
PACO PESTANA
DAVID TRASHUMANTE
OLAIA PAZOS
EVA VEIGA
SILVIA PENA
XOSÉ MARIA ALVAREZ CACCAMO
Golpes Bajos, un espectáculo musical que correrá a cargo del líder de la formación viguesa GERMAN COPINI y de los músicos de Comando Delta.
OLAIA COCINHA
CHEFA ALONSO
JAVIER SEMPRUN
ALFREDO VIDAL
TOMAS SALVADOR
VANESA VIDAL
GUNTHER HEINZ
EL COLECTIVO ALGA
ANA GORRIA
FELIPE ZAPICO
EVA VEIGA

los_dos_carteles.jpg

 todos_los_amigos_aquel_año_salvaxe_de_poesía.jpg

nuno_e_rivas_(2).jpg

LUIS_PASTOR_Paloma_picasso_JOFRE.jpg

 

 

POEXIA_SALVAXE_luba_corregido_ivo.jpg

aqueles días, os da PRIMEIRA SEMANA DE POESÍA SALVAXE, tremor e temor, emoción e unha fe cega en facer realidade un proxecto nado das entrañas, nos bares e nas esquinas, e que tería a seu hábitat, nas rúas, prazas e bares da cidade, e todo co propósito de sacar e orear nos tendais do aire a PALAVRA ENCARNADA.

E así foi

Choveu coma se as nubes no canto das ovelhas

fosen nubes. tardes ventosas

que nos levantaban en albas

e rasantes desdobrábamos as esquina

se os e as poetas invitadas

ían chegando

bardos antigos 

corazóns vermellos
e tan novos como a nostalxia do futuro

mirando os guindastres en extinción

aves de aceiro

escarabellando e picoteando

nas escombreiras da historia

raparigas manchadas polas rimas

da luz coa rabia

E aconteceu e tivemos a certeza de que os Mercados e as Prazas

eran hortas fértiles para as voces do silencio.

 

CARTEL_PACO_IBAÑEZ_IMPRENTA_pequeño.jpg

cartel_poesia_salvaxe_para_web.jpg

olga_novo_poesia_salvaxe.JPG

poesiasalvaxe_aldao_y_lado.jpg

guillermo_alfredo_victor_elicio_mua_estevo.jpg

portada_suso.jpg

prpza_suso_xustiño_parisSalvaxereganosajun11_193.JPG

 

 

 

 

 

 

 

poesiasalvaxe_aldao_y_lado.jpg

guillermo_alfredo_victor_elicio_mua_estevo.jpg

portada_suso.jpg

prpza_suso_xustiño_parisSalvaxereganosajun11_193.JPG


A PALAVRA ENCARNADA 2024 Poesía Salvaxe    Contactar con el autor de la petición

Firmar esta petición

Al firmar, autorizo a A PALAVRA ENCARNADA 2024 Poesía Salvaxe a entregar la información que proporciono en este formulario a quienes tengan poder sobre este tema.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.







Publicidad de pago

Haremos difusión de esta petición a 1000 personas.

Más información...