Proposta para cambiar na cidade de Vigo o nome da rúa Paseo de Alfonso XII polo de ACERA VOADA.

A denominación de ACERA VOADA era utilizada habitualmente polos habitantes da cidade que foron testemuña da construcción deste mirador situado na zona de confluencia entre o Barrio do Cura e o Olivo. Posteriormente, durante anos, moitos dos seus descendentes seguiron utilizando a acepción de ACERA VOADA, herdada dos seus porxenitores, para refeirse a ese espacio privilexiado da cidade olívica, pero pouco a pouco foise perdendo esta denominación popular ata quedar totalmente esquecida a día de hoxe.

O nome de ACERA VOADA comporta unha acepción máis orgánica que a monárquica actual (Paseo de Alfonso XII) para denominar o mellor mirador que conserva Vigo a pé de rúa. Polo que, se ben o nome popular se perdeu na actualidade, non estaría de máis recuperalo, como memoria viva da nosa cidade e como recoñecemeto e homenaxe a aqueles cidadans que xa non están con nos pero que viviron en primeira persoa a construcción do mirador.

Coa finalidade de recuperar o nome de ACERA VOADA para esta espazo aberto ao mar da cidade de Vigo, asino esta proposta.

Firmar esta petición

Al firmar, autorizo a Xaime Fandiño a entregar la información que proporciono en este formulario a quienes tengan poder sobre este tema.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.

No mostraremos la dirección de correo electrónico públicamente en línea.







Publicidad de pago

Haremos difusión de esta petición a 3000 personas.

Más información...